martes, 15 de julio de 2008

"IGREXA DE SANTA MARÍA" (Xaviña)


NOME: IGREXA DE SANTA MARÍA
LUGAR: XAVIÑA
CRONOLOXÍA: Século XII
ESTILO: Románico


A igrexa de Santa María de Xaviña é un templo románico do século XII, cunha gran pureza de linas compositivas, conserva a capela maior da época medieval, cuberta cunha bóveda de canón. A decoración románica centrase nos capiteis vexetais e figurados no interior, e na véntana da ábsida.
Adosado a parte norte da ábsida atópase a sancristía a que lle foi engadido un campanario, provinte doutra edificación. Tal feito convértea nun referente único na arquitectura relixiosa ó posuír dúas espadanas.
Na ábsida
practicase dúas fiestras, das que destaca a inferior. Ten dúas arquivoltas, a maior decorada con festón de catro arquiños de medio punto de arranques agudos, enmarcada por unha moldura de varias filas de billetes. Os arcos lobulados aparecen por primeira vez en Galicia na catedral de Santiago, motivo da “clara ascendencia califal cordobesa”. Resulta curioso que os arcos estean formados por dovelas e non talladas. A arquivolta interior moldurase mediante baquetóns e medias canas. Esta apoiase en dúas columniñas acodilladas de fuste liso, sobre basas de perfil ático. Os capiteis vexetais resultan toscos e rematan en bolas.
Por riba deles un estreito, un estreito cimacio
8 adornado con bolas e semicírculos, que se prolonga para servir de apeo ó arco maior.
No muro meridional da ábsida ten un contraforte o medio. Baixo o beiral do tellado conservase catro canzorros, que coinciden nos seus temas con algúns do da igrexa de cereixo, como a figura do acróbata en posición invertida, a folla rematada nun rolo e no cuarto un cuadrúpedo.




viernes, 4 de julio de 2008

"CASTELO DO SOBERANO"

Tamén chamado Batería do Soberano, en honra a Carlos III (1759-1788). Atópase na vila de Camariñas e accédese a él seguindo a liña de costa pasando o peirao ata Portocelo.

A ría de Camariñas xunto con outras das rías da costa galega foron importantes enclaves estratéxicos durante batallas navais que ocuparon Europa durante os séculos XVI, XVII y XVIII.

A mediados do século XVII comézase a proxectar fortificacións para a defensa desta zona costeira e en 1740 xa se construíra parte da Batería de Camariñas. En 1801 construíuse outra batería en Muxía para defender a totalidade da ría.

Batería do Soberano constaba, cara a terra, dun recinto amurallado con un baluarte, dous medios baluartes e un foso entre eles; a entrada estaba situada nun lateral do baluarte central.

Para a defensa da parte que dá ó mar construíuse unha batería curva con dezasete troneiras (donde estaban situados os canóns para defenderse dos inimigos que atacaban pola ría). Entre os dous
recintos emprazábase unha nave que servía de polvorín, almacén e
acuertalamento.

Estaba construído con grandes bloques de granito e actualmente só se conservan cimentos e parte da zona baixa do muro exterior. Perdida a súa utilidade como recinto defensivo, o Castelo do Soberano foi desmontado nos anos 40 para utilizar os bloques na construcción do actual peirao, onde tamén poden verse os canóns servindo de amarre para os barcos.

jueves, 3 de julio de 2008

"NOVO FARO"

O faro vello non resultou, e ante o fracaso decídese construír unha nova torre, (tras a presión de países como Francia e Inglaterra, vendo como os seus barcos se afunden nesta costa por falla de sinalización e particularmente tras o naufraxio de Serpent no 1890), a cal se inaugurou o 16 de Xaneiro de 1896, converténdose no primeiro faro de España e Europa con luz eléctrica. Esta construcción, contaba con dúas máquinas de vapor de doce cabalos, dous magnetos, un alxibe (para a alimentación das máquinas), taller, carboeira e almacéns atendidos por 6 persoas (torreiros, fogueiros e maquinistas que vivían no faro e nas antigas vivendas do faro vello). A torre actual, presenta sección octogonal, construída con pedra granítica da zona e unha altura de 25 m do chan e ciméntase sobre unha rocha elevada a 80 m sobre o mar. Este faro de 1ª Orde ten un alcance de máis de 40 millas, sendo un dos faros máis potentes das nosas costas. Ten 360 escaleiras que unen o edificio coa torre e subida a cápsula de cristal. O interior do edificio está dividido en dependencias, nas que destaca a sala de radio. Na lanterna, está a óptica formada por lentes de cuarzo pulido e no seu interior dúas lámpadas de 3000 W (unha de reserva). A lámpada permanece fixa, mentres a óptica xira o seu arredor, sustentando nunha base de mercurio (como rodamentos) o mecanismo de xiro, coñecido como "peso motor". Polo interior da torre pendura unha bola colgada dun cable, que se recolle cun mecanismo eléctrico, facendo xirar a óptica coa baixada do péndulo.

miércoles, 2 de julio de 2008

"FARO VELLO"


A través dunha real Orde do 22 de Outubro de 1852, ubícase na parte alta do Vilán un faro de 4ª Orde. Inicialmente constrúese un faro para dous torreiros e dous anos despois o aparello da fábrica Lotourneau (lotürno) que tiña lámpada de émbolo, a cal funcionaba con aceite de Oliva.
O plano focal queda a uns 64 metros por riba do nivel do mar, pero non resultou a súa función o non superar o haz de luz os farallóns do cabo, que intentaron dinamitarse, sen éxito.
Auméntase a torre e ponse unha lámpada de parafina. Deixou de funcionar no ano 1897.