martes, 15 de julio de 2008

"IGREXA DE SANTA MARÍA" (Xaviña)


NOME: IGREXA DE SANTA MARÍA
LUGAR: XAVIÑA
CRONOLOXÍA: Século XII
ESTILO: Románico


A igrexa de Santa María de Xaviña é un templo románico do século XII, cunha gran pureza de linas compositivas, conserva a capela maior da época medieval, cuberta cunha bóveda de canón. A decoración románica centrase nos capiteis vexetais e figurados no interior, e na véntana da ábsida.
Adosado a parte norte da ábsida atópase a sancristía a que lle foi engadido un campanario, provinte doutra edificación. Tal feito convértea nun referente único na arquitectura relixiosa ó posuír dúas espadanas.
Na ábsida
practicase dúas fiestras, das que destaca a inferior. Ten dúas arquivoltas, a maior decorada con festón de catro arquiños de medio punto de arranques agudos, enmarcada por unha moldura de varias filas de billetes. Os arcos lobulados aparecen por primeira vez en Galicia na catedral de Santiago, motivo da “clara ascendencia califal cordobesa”. Resulta curioso que os arcos estean formados por dovelas e non talladas. A arquivolta interior moldurase mediante baquetóns e medias canas. Esta apoiase en dúas columniñas acodilladas de fuste liso, sobre basas de perfil ático. Os capiteis vexetais resultan toscos e rematan en bolas.
Por riba deles un estreito, un estreito cimacio
8 adornado con bolas e semicírculos, que se prolonga para servir de apeo ó arco maior.
No muro meridional da ábsida ten un contraforte o medio. Baixo o beiral do tellado conservase catro canzorros, que coinciden nos seus temas con algúns do da igrexa de cereixo, como a figura do acróbata en posición invertida, a folla rematada nun rolo e no cuarto un cuadrúpedo.




No hay comentarios: