jueves, 3 de julio de 2008

"NOVO FARO"

O faro vello non resultou, e ante o fracaso decídese construír unha nova torre, (tras a presión de países como Francia e Inglaterra, vendo como os seus barcos se afunden nesta costa por falla de sinalización e particularmente tras o naufraxio de Serpent no 1890), a cal se inaugurou o 16 de Xaneiro de 1896, converténdose no primeiro faro de España e Europa con luz eléctrica. Esta construcción, contaba con dúas máquinas de vapor de doce cabalos, dous magnetos, un alxibe (para a alimentación das máquinas), taller, carboeira e almacéns atendidos por 6 persoas (torreiros, fogueiros e maquinistas que vivían no faro e nas antigas vivendas do faro vello). A torre actual, presenta sección octogonal, construída con pedra granítica da zona e unha altura de 25 m do chan e ciméntase sobre unha rocha elevada a 80 m sobre o mar. Este faro de 1ª Orde ten un alcance de máis de 40 millas, sendo un dos faros máis potentes das nosas costas. Ten 360 escaleiras que unen o edificio coa torre e subida a cápsula de cristal. O interior do edificio está dividido en dependencias, nas que destaca a sala de radio. Na lanterna, está a óptica formada por lentes de cuarzo pulido e no seu interior dúas lámpadas de 3000 W (unha de reserva). A lámpada permanece fixa, mentres a óptica xira o seu arredor, sustentando nunha base de mercurio (como rodamentos) o mecanismo de xiro, coñecido como "peso motor". Polo interior da torre pendura unha bola colgada dun cable, que se recolle cun mecanismo eléctrico, facendo xirar a óptica coa baixada do péndulo.

No hay comentarios: